>>Blogs / Novas / Unha emotiva fin de semana para Fernando e a súa cadela Luna. Petós e Mala en grao 2.

Unha emotiva fin de semana para Fernando e a súa cadela Luna. Petós e Mala en grao 2.


Stgo de Compostela, 5 xuño 2012.-A pasada fin de semana, na proba que celebramos no club, participou por última vez como competidora da LIA a nosa querida Luna. Luna empezou a facer agility en Madrid, no club Agilcan, no ano 2007, cando tiña 4 anos. Agora con 9 anos é o momento de retirarse para deixar paso a Pepa que comenzará a competir en setembro con Fernando. Na proba de Compostela fixemoslle unha homenaxe, ben merecida, a Luna.
Por outro lado, a proba non poido resultar mellor para o noso club: fixeron podio, quedando de segundas, Ana con Petós o sábado (grao 1 midi-mni), e Cata con Silvia o sábado e o domingo (grao 1 standard). Tony con Titán quedou de terceiro na clasificación xeral do sábado e de primeiro na categoría de "outras razas".
E para rematar, hai que celebrar que Petós e Mala fixeron os puntos que lles faltaban para pasar a grao 2!! Noraboa a todos.
Preme aquí para ver as fotos da proba.

Equipo de Agility Compostela