Luna, 3º clasificada na Liga Nacional, recibe o seu trofeo en Valladolid
Os días 10 e 11 de outubro celebrouse en Valladolid a copa UCA 2009. Luna e Mala participaron formando equipo con Lula e Jack do Club Agimei de Lugo. Luna participou tamén na categoría individual e obtivo un moi bo resultado, facendo unha das súas pistas con moi bo tempo e sen penalizacións.
Entre as actividades programadas dentro da Copa estaba tamén a entrega de trofeos dos 3 primeiros clasificados na Liga Nacional en cada unha das categorías. Luna recolleu o seu trofeo ao quedar 3ª en Grao II en categoría standard.
Con esta proba rematou a tempada deste ano. Estamos xa preparándonos para a próxima, que se inicia no mes de novembro e rematará en outubro de 2010.
Novas
- Proba de Agility en Friol organizada por Agility Agimei de Lugo o 4 e 5 de setembro
- UCA participou no “2010 International Agility Festival” en Inglaterra. Videos dos participantes
- Neira de Rei (Lugo): exhibición de agility nunha tarde calurosa
- Traballando con clicker: fotos do seminario organizado os días 24 e 25 de xullo
- O equipo de Agility Compostela participa no I Open Cidade da Coruña. Modia e Trisca fan podio !
- Estivemos no Porriño na clausura do Campus de Baloncesto
- Black&White organiza a súa primeira proba nacional. Madrid, 26 e 27 de xuño
- Fotos da proba do 29 e 30 maio 2010
- En xullo, seminario de iniciación á educación canina en positivo e manexo do clicker organizado por Agility Compostela
- O programa "A Revista" da Galega estivo no noso club conectando en directo coa proba do domingo