>>Blogs / Novas / Luna, do Club Agility Compostela, terceira na Liga Nacional da Unión de Clubs de Agility (UCA)

Luna, do Club Agility Compostela, terceira na Liga Nacional da Unión de Clubs de Agility (UCA)


Luna, do Club Agility Compostela, finalizou terceira da clasificación nacional en grao II, categoría Estándar da Liga Nacional da Unión de Clubs de Agility, que celebrou as súas últimas probas o 19 e 20 de setembro en Santiago de Compostela. Luna –co seu guía Fernando Estévez– é a única representante galega en facer podio e recibirá o seu premio en Valladolid o vindeiro día 11 de outubro.

Na súa mesma categoría quedou gañadora estatal Nut, do Club Agilcan de San Martín de la Vega (Madrid), unha cadela adoptada dun refuxio. A súa guía Mónica proporciónalle unha vida digna e feliz, e ademais converteuna nunha campioa.

Por outra banda, Mala, unha bóxer do Club Agility Compostela, tivo unha boa actuación na “súa casa” de tal xeito que despois dos resultados obtidos o sábado e o domingo, está xa en grao II, polo que a próxima tempada estreará categoría e medirá as súas habilidades deportivas, entre outros, con Luna.

Parabéns a Luna, a Nut e a Mala.

Esta foi a primeira proba nacional de UCA que se disputou en Galicia e contou coa participación duns 70 cans, entre os dous días, procedentes de diferentes Comunidades Autónomas. O evento contou coa colaboración da “Sociedad Cinológica Gallega”, o Concello de Santiago, o Club Hípico de Santiago e a Fundación Compostela Deporte, a quen lles damos as grazas polo seu apoio.

Ver fotos

Imaxe aleatoria

Isto vén sendo un caniche de traballo