>>Blogs / Novas / Exhibición de Agility, de obediencia e de habilidades caninas en Friol o 6 de setembro

Exhibición de Agility, de obediencia e de habilidades caninas en Friol o 6 de setembro


O domingo día 6 de setembro, o Club Agility Compostela participou na “IV Feira do can de Friol”. Dentro das actividades programadas polo Concello de Friol, organizador da Feira, estaba a realización dunha exhibición de Agility, de obediencia e de habilidades caninas. A exhibición coordinada polo Club Agimei de Lugo e na que participaron uns 15 cans do Club Agility Compostela, do Club Agimei e do Club AKA de Xixón, comezou ás 11:30 horas e rematou ás 14:00. Pasamos moita calor pero pagou a pena!!

Ver fotos

Imaxe aleatoria

Nasa 4