>>Blogs / Novas / Seminario de Agility organizado polo Club Patas e impartido por Samir

Seminario de Agility organizado polo Club Patas e impartido por Samir


Os días 28, 29 e 30 de xullo tivo lugar en Moaña o 1º Seminario de Agility organizado polo Club de Agility Patas, ao que asistiu o Club Agility Compostela. O Seminario impartiuno Samir Abu Laila, bicampeón mundial de Agility por equipos, e tivo un carácter práctico coa realización de exercicios individuais dirixidos por Samir. Noraboa e grazas a Julio Freire, presidente do Club Patas, pola organización deste interesante seminario.

Ver fotos

Equipo de Agility Compostela