Que Facemos
¿Quen pode practicar Agility?
O Agility é unha actividade de lecer e deportiva na que poden participar todo tipo de cans, sen distinción de raza, adaptando a altura dos obstáculos ao seu tamaño (estándar, midi, mini).
Está aberta tamén a todo tipo de persoas, sendo 16 anos a idade mínima esixida para poder competir en probas. De todos os xeitos, nas probas organizadas por UCA existe unha sección infantil na que participan, fóra de competición, rapaces e rapazas menores de 16 anos, cos seus propios cans ou mesmo con cans doutros participantes adultos que os “comparten” con eles para fomentar a realización desta saudable actividade deportiva entre a infancia e a mocidade.
Agility e iniciación ao agility
Empezaremos por que lle aprendas ao teu can a obediencia necesaria para que te siga na pista. Logo aprenderás a dirixilo para salvar os diferentes obstáculos e a colocarte na pista durante o percorrido, pero, sobre todo, pasaredes un bo rato xuntos.
Obediencia
Ensinarás ao teu can a camiñar ao teu lado, sentar, tombarse, quedar quieto e acudir á túa chamada, con e sen correa.
Ademais…
- Cursos de educación canina para propietarios
- Socialización de cachorros
- Modificación de condutas
Novas
- Proba de Agility en Friol organizada por Agility Agimei de Lugo o 4 e 5 de setembro
- UCA participou no “2010 International Agility Festival” en Inglaterra. Videos dos participantes
- Neira de Rei (Lugo): exhibición de agility nunha tarde calurosa
- Traballando con clicker: fotos do seminario organizado os días 24 e 25 de xullo
- O equipo de Agility Compostela participa no I Open Cidade da Coruña. Modia e Trisca fan podio !
- Estivemos no Porriño na clausura do Campus de Baloncesto
- Black&White organiza a súa primeira proba nacional. Madrid, 26 e 27 de xuño
- Fotos da proba do 29 e 30 maio 2010
- En xullo, seminario de iniciación á educación canina en positivo e manexo do clicker organizado por Agility Compostela
- O programa "A Revista" da Galega estivo no noso club conectando en directo coa proba do domingo