Agility Compostela
Os nosos Cans
Hai uns 15.000 anos entraron na nosa vida. Dende entón, calquera que fora a nosa actividade, sempre fixeron o que mellor saben facer: adaptarse ás nosas necesidades; o mesmo cazando que coidando dos nosos rabaños, axudando aos nosos cegos ou enfrontándose con valentía a calquera para defendernos, buscando explosivos ou vítimas de catástrofes; souberon adaptarse á nosa vida sedentaria, converténdose en inigualables compañeiros que nos reciben sempre con alegría cando chegamos a casa. E todo isto só por agradarnos e poder estar á nosa beira, a súa ración de penso, coidados veterinarios, pasear connosco e un pouco de cariño. Non é moito verdade?
(Fernando Estevez, adestrador e educador canino)

O Agility
É unha actividade educativa e deportiva na que os cans, conducidos polos seus guías, superan diversos obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade. Non se trata, pois, dunha simple carreira de velocidade, senón dunha competición de habilidade e destreza, que pode ser practicada por todo tipo de cans e persoas.
O agility está concibido para o gozo e diversión tanto do guía, como (e sobre todo) do can, transmitindo valores de autocontrol e favorecendo o contacto coa natureza.
Naceu no ano 1978 en Inglaterra como entretemento para o público no tempo libre da Dog Cruft’s Show, sendo homologada oficialmente polo Kennel Club no ano 1981. Actualmente, en moitos países existe unha competición regulamentada de Agility que dá acceso a diferentes campionatos, tanto nacionais coma internacionais
Novas
- Proba de Agility en Friol organizada por Agility Agimei de Lugo o 4 e 5 de setembro
- UCA participou no “2010 International Agility Festival” en Inglaterra. Videos dos participantes
- Neira de Rei (Lugo): exhibición de agility nunha tarde calurosa
- Traballando con clicker: fotos do seminario organizado os días 24 e 25 de xullo
- O equipo de Agility Compostela participa no I Open Cidade da Coruña. Modia e Trisca fan podio !
- Estivemos no Porriño na clausura do Campus de Baloncesto
- Black&White organiza a súa primeira proba nacional. Madrid, 26 e 27 de xuño
- Fotos da proba do 29 e 30 maio 2010
- En xullo, seminario de iniciación á educación canina en positivo e manexo do clicker organizado por Agility Compostela
- O programa "A Revista" da Galega estivo no noso club conectando en directo coa proba do domingo