Novas


Proba de Agility en Friol organizada por Agility Agimei de Lugo o 4 e 5 de setembro

Esta fin de semana o club Agimei organizou a súa proba anual correspondente á liga de UCA.
A proba coincidiu coa Feira do Can que, cada ano, organiza o Concello de Friol. Fixo unha calor abraiante pero, coma sempre, disfrutamos dos amigos e de bo agility. E, como non...tamén nos alegramos de que Titán e Peka pasaran a grao 2. Noraboa !!

UCA participou no “2010 International Agility Festival” en Inglaterra. Videos dos participantes

Os días 14 e 15 de agosto celebrouse en Northampton (Inglaterra) o “2010 International Agility Festival” IAF, no que participaron uns 2400 cans. Case nada!!

Neira de Rei (Lugo): exhibición de agility nunha tarde calurosa

Convidados polo Club de Agility Agimei, participamos nunha exhibición de Agility nas festas patronais de Neira de Rei, en Lugo. Moitas grazas por contar, unha vez mais, con nos.

Imaxe aleatoria

Pois eu o sei facer sen correa (cando quero, claro...)